Your cart
Non hai máis artigos no teu carro
Achégase o Día do Pai e con el a toma de decisións. Que agasallo? É a pregunta que moitos vos estaredes facendo coa intención de agradecer un dos amores máis sinceros e entregados que podemos atoparnos. Por iso, desde Casa Mejuto propoñémosvos un obsequio que aúna sabor e tradición: un pack de licores.
saber máis
Non mentimos se dicimos que en Casa Mejuto se respira emoción. O certo é que cremos en todo aquilo que se fai de corazón. E si, caemos en sentimentalismos cando do que se trata é de impulsar proxectos que nacen do convencemento máis firme sobre o seu valor. É o caso do noso novo reto, un Viño Espumoso de Calidade Brut Nature e rosado, xestado e embotellado de modo íntegro na nosa terra, Melide.
saber máis
Despois da excelente acollida do Viño Espumoso de Calidade Brut Nature, as boas noticias seguen chegando a Casa Mejuto. Produtores de licores artesáns en Melide desde 1954, ás variedades que xa viñamos elaborando súmanse agora catro novos sabores: mel, limón, froitos do bosque e noz.
saber máis