¿Precisas axuda?
Un Viño Espumoso Rosado, a nova aposta de Casa Mejuto na súa gama Brut Nature

Non mentimos se dicimos que en Casa Mejuto se respira emoción. O certo é que cremos en todo aquilo que se fai de corazón. E si, caemos en sentimentalismos cando do que se trata é de impulsar proxectos que nacen do convencemento máis firme sobre o seu valor. É o caso do noso novo reto, un Viño Espumoso de Calidade Brut Nature e rosado, xestado e embotellado de modo íntegro na nosa terra, Melide.

Elaborado seguindo o método “ champanoisse”, este irmán do noso Viño Espumoso de Calidade Brut Nature chega a Casa Mejuto impulsado por un gran gusto polos ingredientes que o compoñen. Na súa elaboración, a minuciosidade está presente desde o primeiro momento, cun prensado moi leve da uva de viño tinto.

A partir diso, ver nacer este Viño Espumoso Rosado de Calidade Brut Nature faise esperar nove meses. Neste tempo, procédese á súa fermentación e crianza en botella, polo que a presenza de azucre –que nunca se engade no momento de degole- é practicamente residual.

Á mesa, desde os entrantes á sobremesa

A súa elaboración e características fan dos nosos viños espumosos opcións perfectas para maridar con calquera prato. Así, o seu sabor intenso e amplo combina tanto cos entrantes como mesmo cun segundo prato e tamén coa sobremesa.

Product added to wishlist
Product added to compare.