Despois da excelente acollida do Viño Espumoso de Calidade Brut Nature, as boas novas seguen chegando a Casa Mejuto. Produtores de licores artesáns en Melide desde 1954, ás variedades que xa viñamos elaborando súmanse agora catro novos sabores: mel, limón, froitos do bosque e noz. 

 

Trátase dunha firme aposta da nosa casa, rexentada pola segunda e terceira xeración, polos ingredientes máis naturais como compoñentes únicos das nosas bebidas espirituosas e licores. En todos eles, procedemos a un traballo de maceración con augardente suave e de máxima calidade. Isto permítenos harmonizar sabores e obter os mellores resultados para o padal. 

 

 

Ingredientes de proximidade
Respecto aos ingredientes, procuramos recorrer sempre á produción de proximidade. É o caso das froitas colleitadas aquí mesmo, en Melide, ou o Mel de Galicia con indicación xeográfica protexida. 

 

En definitiva, é un pracer para Casa Mejuto achegarche estes novos sabores, que complementan a outros licores como o de café, piruleta, oruxo, herbas ou augardente tostada. 

 

 

Product added to wishlist
Product added to compare.