Fundada en 1954, por Francisco e María en Melide e rexentada na actualidade pola segunda e terceira xeración. Casa Mejuto aúna as receitas tradicionais da familia con procesos de maceración artesanais e o emprego das novas tecnoloxías.
Co obxectivo de respectar a memoria da nosa tradición e mellorar a calidade do produto.
As Nosas instalacións
Instalacións renovadas
Sen perder a identidade e, por suposto, con miras a medir cada proceso que garanta a calidade.
Instalacións renovadas
Sen perder a identidade e, por suposto, con miras a medir cada proceso que garanta a calidade.
os nosos procesos
espumoso
Iniciamos a elaboración dos nosos esmpumosos cun coupage de viños selectos xunto cunha serie de fermentos especiais, para iniciar un proceso de fermentación natural e crianza en botella durante nove meses.
Finalizada a fermentación e crianza, iniciamos o proceso de decantación natural dos restos de fermentos, o cal se realiza nunha posición prácticamente vertical nuns pupitres especializados para tal fin.
Durante a decantación viramos as botellas 1/8 de volta todos os días durante tres semanas, botella a botella ata que o espumoso quede cristalino e os depósitos restantes no colo da botella.
Posteriormente conxelamos o pescozo das botellas para solidificar os restos indeseados, acto seguido destapamos as botellas unha a unha cun movemento rápido e característico, para non perder demasiado produto, o cal se coñece como deguelle.
Coas nosas máquinas artesanais, dámoslle a característica forma do tapón, logo poñemos a boceira de seguridade, a cápsula e a etiqueta. Finalmente deixamos repousar durante un mes e os nosos espumosos xa está listos para degustar, gozar e compartir.
os nosos procesos
licores
Todos os nosos licores son elaborados de forma artesanal. Empregando a fusión entre tradición , artesanía, ingredientes seleccionados de primeira calidade, de produtores da zona e tempos de maceración afinados.
Seguindo un proceso totalmente natural, o destilado dos licores da nosa gama máis tradicional -Dá Nosa Casiña- leva a cabo tamén en alambiques de cobre. Con esta proposta, volvemos máis que nunca ás orixes, recuperando os sabores intensos dos licores elaborados polos nosos antecesores.
os nosos procesos
Vermús
Para a elaboración do noso vermú utilizamos un coupage de distintos viños de distintas zonas e 25 botánicos, para obter un un sabor final complexo e refinado. Esta fusión realízase nas nosas instalacións, onde poñemos o alcol neutro de tripla destilación e os 25 botánicos durante tres meses en barricas de carballo.
onde estamos
You need to login or create account
Save products on your wishlist to buy them later or share with your friends.