¿Precisas axuda?

A nosa empresa

Fundada en 1954 por Fancisco e María en Melide e actualmente dirixida pola terceira xeración. Casa Mejuto combina receitas tradicionais da familia e procesos de maceración artesanal co uso de novas tecnoloxías. O obxectivo é respectar a memoria da nosa tradición e mellorar a calidade do produto.

LICORES

Elaborados de xeito artesán, con ingredentes seleccionados de primeira calidade e tempos de maceración

ESPUMOSOS

Froito do esforzo e dos mellores viños, presentamos os nosos espumosos de Calidade Brut Nature

VERMUTS

A base de viños seleccionados, con maceración de 25 botánicos durante tres meses e pasando por barricas de carballo.

Xenebra m54

london gin

100% artesanal

Proceso de maceración, destilado e infusionado

Elaboración:

Para a elaboración da nosa xenebra empregamos un alcohol de cereal con triple destilación, macerado e infusionado. Procedemos a macerar preto dunha vintena de botánicos, de distinta composición e variedade aromática..

Botánicos:

Milenrama, menta, sarxa, romeu e chantaxe dan un sabor que traslada aos aromas frescos da Ulloa onde se cultivan, xunto coas especias exóticas como o cardamomo, o xenxibre e a canela, que aportan sabor lixeiramente picante, amargo e doce. O limón reforza o carácter refrescante e dá unha fragrancia afroitada.

Nota de cata:

M54 é unha xenebra con personalidade propia, limpa de aceites esenciais en suspensión, predominante o cimbro en fusión con distintos botánicos que aportan unha complexa fusión de aromas herbáceos, florais, frutais e cítricos..

En Boca:

Moi agradable na coctelería e combinados, no padal destaca o seu arume característico e perfumado cun sabor agradable, sedoso e envolvente.

SÍGUENOS EN INSTAGRAM

Con noticias, tips, receitas...

Product added to wishlist
Product added to compare.