- 0 likes
- 3222 views
Día do Pai
Achégase o Día do Pai e con el a toma de decisións. Que agasallo? É a pregunta que moitos vos estaredes facendo coa intención de agradecer un dos amores máis sinceros e entregados que podemos atoparnos. Por iso, desde Casa Mejuto propoñémosvos un obsequio que aúna sabor e tradición:
Un pack de licores.
A través da nosa web, ademais de coñecer as distintas variedades totalmente naturais que elaboramos, poderás configurar os teus propios packs de agasallo con licores ou vermús. Nós encargámonos de que o seu interior sorprenda!
Entre as distintas opcións de personalización, podes escoller a cantidade de botellas: dous, tres ou seis. Así mesmo, tamén podes configurar ao gusto os distintos sabores: café, herbas, crema, bagazo ou piruleta, por exemplo.
Os nosos vermús.
Por outra banda, os nosos vermús obedecen tamén a unha elaboración artesanal a base de viños seleccionados, con maceración de 25 botánicos durante tres meses e pasando por barricas de carballo. Gózao vermello ou branco.