- 0 likes
- 3039 views
Estes días, o necesario é quedarse na casa. E isto fai que moitos e moitas teñamos máis tempo para dedicarnos a esa gran paixón que é a cociña. Tanto é así que, como dato, a fariña e o fermento son dous dos ingredientes que empezan a escasear nos supermercados. Por esta razón e para facer máis amable este confinamento, propoñémosche que xogues connosco a converterte en reposteiro ou cociñeiro. Atréveste a cociñar con Casa Mejuto?
A proposta é moi sinxela. Escolle un dos nosos licores e elabora un prato que o inclúa como ingrediente. Publica a foto nas túas redes sociais –xunto á receita- e menciónanos. Non esquezas incluír a etiqueta #CocinoConCasaMejuto.
Compartirémolas e enviarémoschas para que teñas un completo libro de receitas!