Nestas circunstancias tan fóra do común que nos tocou vivir a todos, as novas receitas non saíron da mente de todo o equipo de Casa Mejuto. Por iso, despois de meses de traballo por fin podemos presentar nosa máis recente creación: un licor de mandarina que levaba moito tempo entre as nosas metas máis próximas.
Froito de dous meses de maceración sobre alcol de cereal nace esta nova proposta, de sabor fresco e afrutado. O seu aroma natural é unha das súas principais características. Esta variedade únese a outras moi recentes de Casa Mejuto, como son os licores de noces, limón ou froitos do bosque.
Produtores de licores artesanais dende 1954, todos eles teñen en común a utilización de ingredientes de orixe natural así como o feito de primar, sempre que é posible, os produtos da nosa zona.