- 0 likes
- 3808 views
O importante require tempo. Sempre. En casa Mejuto gústanos tomar as decisións, se é posible, con calma. Valorando todo aquilo que ten que ver cos nosos produtos, a súa elaboración e a súa presentación. Esta vez non foi a excepción. Tras meses de traballo, o noso vermú M54 presenta agora unha imaxe renovada, totalmente diferente ao que fora a súa primeira etiquetaxe. En concreto, dous tons convertéronse en auténticos protagonistas das novas botellas: o branco e o vermello. Envolven agora aos nosos dous sabores emblemáticos. E fano nun envase que, con total sinceridade, non pode gustarnos máis. Este deseño, recentemente estreado, é con todo o único cambio. No seu interior, atoparás o mesmo vermú elaborado de modo artesanal a base de viños seleccionados. Para conseguilo, procedemos a unha maceración de ata 25 botánicos e, tras meses en barrica, chega á túa mesa. Se queres coñecer o novo deseño, xa o tes dispoñible na nosa tenda en liña!