Para padais que adoran os sabores intensos. Para eles especialmente están pensados os nosos licores Da Nosa Casiña, unha liña que volve ás orixes para recuperar eses sabores máis fortes que elaboraban os nosos avós.

 

Dispoñibles desde hai un tempo en casa Mejuto, os licores Da Nosa Casiña ven agora renovada a súa presentación. Apostamos, deste xeito, por unha liña máis sinxela para achegarche os tres sabores estrela desta gama: licor café, licor de augardente e licor de herbas.

 

No caso do licor café, obtemos un licor potente e singular no mercado, cun gran equilibrio e fusión aromática entre o café e a augardente e cunha textura sedosa e moi agradable en boca.

 

O de herbas, pola súa banda, é froito tamén de augardente de primeira calidade conseguida por destilación natural en alambiques de cobre e bagazo seleccionado, con maceración lenta de 25 botánicos, que escollemos especialmente para a nosa receita orixinal.

 

Finalmente, o licor de augardente Da Nosa Casiña destaca como unha augardente moi potente e singular no mercado tanto en aromas como en sabor.

 

Mandarina, piruleta ou noz, otros sabores

Xunto á liña Da Nosa Casiña, a tradición marca tamén a elaboración doutros licores de sabores tan variados como a mandarina, o mel, os froitos do bosque, o limón ou a piruleta, entre outros. Coñécelos todos?

Product added to wishlist
Product added to compare.