¿Precisas axuda?

Que desde o primeiro sorbo da nosa crema de chocolate os teus sentidos se deixen envolver polo inconfundible cacao de República Dominicana. Esa era a nosa intención desde que empezamos a pensar nesta crema no laboratorio de Casa Mejuto.

 

Sabiamos que, para iso, o primordial era contar con ingredientes de primeira calidade. E, sen dúbida, o cacao é protagonista desta elaboración, polo que empregamos unicamente o gran que chega desde un dos principais produtores mundiais deste alimento.

 

A maceración da base alcohólica de cereal sobre este cacao é outra das claves. O tempo de maceración é longo e laborioso, ata que obtemos o sabor natural do cacao de gran calidade. O resultado é unha crema con potente cheiro e sabor a chocolate, un produto diferente e singular posto que o sabor é proporcionado polo cacao natural, non por aromas artificiais.

 

Atoparás así un licor de cor e sabor potente a chocolate, fusionado coa parte láctea e untuoso en boca con retrogusto persistente e goloso.

Product added to wishlist
Product added to compare.