- 0 likes
- 2041 views
Días máis longos, horas de sol e momentos de lecer fan da primavera e o verán a época perfecta para descubrir novos sabores. Son eses aromas distintos que converten calquera reunión nun instante memorable. Se te atreves, esta proposta de Casa Mejuto é para ti.
Así, entre os nosos licores galegos especiais, atoparaste con estes catro: froitas do bosque, mandarina, noz e mel. Presentámoschos!
-Froitas do bosque: trátase dun licor que elaboramos con materias primas da zona de Melide. Arandos, amorodos, amoras e framboesas, sen engadidos de aromas, totalmente artesán e sabor natural.
-Noz: licor cunha textura moi agradable que marida perfectamente con calquera tipo de sobremesa. Este licor presenta unha textura moi agradable.
-Mandarina: froito de dous meses de maceración sobre alcol de cereal nace esta nova proposta, de sabor fresco e afrutado. O seu aroma natural é unha dos seus principais características.
-Mel: licor elaborado por maceración de Mel IXP de Galicia con augardente selecta. Realízanse varios procesos de removido e un breve filtrado para obter unha cor e sabor absolutamente natural.
E ti, con cal quedas?