- 0 likes
- 1665 views
Melide está de celebración. A nosa festa máis senlleira, a que adicamos ao melindre e á repostaría tradicional, chega este ano ao seu 30 aniversario. E faino despois da pausa motivada pola pandemia sanitaria cun programa pensado para toda a familia.
Así, nesta primeira fin de semana completa de maio, a vila arrecenderá a melindres, ricos ou amendoados, entre outras delicias.
O programa festivo fixa a primeira das súas citas para hoxe, xoves. Será pola tarde, cun faladoiro que senta á mesa a expertos no eido gastronómico ou divulgativo. Despois, un showcooking acercará as receitas elaboradas por alumnos de distintos centros educativos.
E será tamén un showcooking o que abrirá as propostas de lecer do venres. Neste caso co docente e chef pasteleiro Manuel Garea, quen ofrecerá unha degustación. E xa ás 20.00 horas, será a nosa quenda. Porque, nesta ocasión, participamos nunha maridaxe entre doce e salgado na que están presentes os nosos viños espumosos. Contaremos coas sobremesas tradicionais de Melide así coma con queixos de Terra de Melide. A entrada e libre e ata completar aforo (por orde de chegada) así que non tardes!
Xa o sábado, a música será outra das grandes protagonistas. Animación nas rúas, obradoiros infantís e concertos completarán a oferta festiva da feira, á que podes acudir dende as 11.00 ata as 14.00 horas e dende as 16.30 ata as 20.30 horas.
Na xornada dominical, ademais da cita feiral -de 11.00 a 18.00 horas- e as actuacións musicais, terá lugar o acto de nomeamento de embaixadores e pregón, a cargo da xornalista Cristina Pampín.