- 0 likes
- 1631 views
Como cada ano, o primeiro domingo de maio celébrase o Día da Nai. Unha data na que se marca no calendario a conmemoración dun dos agarimos máis puros que existen. Desde Casa Mejuto queremos aproveitar esta ocasión para dicir alto e claro: grazas, mamás. Sen vós a roda nunca viraría. Como sabes, Casa Mejuto é unha empresa familiar. Tan familiar que neste momento somos a terceira xeración á fronte dun negocio que o debe todo a ese respecto, agarimo e forza que nos trasladaron os nosos avós. E especialmente a nosa avoa, que como ben se di, é nai dúas veces. E a ti, fillo ou filla que nos les, se tes a sorte de poder celebrar esta data tan especial coa túa nai, non a deixes pasar. O seu mellor agasallo es ti.