¿Precisas axuda?

República Dominicana. É o lugar desde o que traemos ata Melide o ron anello que nos permite crear o noso novo licor: crema de licor de ron anello dominicano. Coñecedores do agradable sabor desta bebida e das boa amizade que fai coas bases lácteas, decidímonos a probar e tras uns cuantos meses de experimentación o noso novo sabor é xa unha realidade.

 

Así, a crema de licor de ron anello dominicano súmase a unha familia conformada por unha vintena de sabores máis entre os que figuran a crema de chocolate -tamén importado de República Dominicana-, o licor café, o licor de bagazo, o licor de herbas, o licor de limón ou o licor de mel, entre outros.

 

Como todas as nosas elaboracións, trátase dun produto sen ingredientes artificiais. A base alcohólica únese á láctea sen máis aditivos nin compoñentes. O resultado? Unha crema de licor totalmente natural e cun sabor que nos encantou. Agora tócache a ti xulgar.

 

E se queres probar as demais propostas, Casa Mejuto elabora ademais dos xa mencionados, vermut M54 -con 25 botánicos e maceración en madeira de carballo-; a nosa liña Da Nosa Casiña, que propón unha volta aos licores máis tradicionais e intensos; ou viño espumoso, entre outros. En resumo, sabores sen aditivos que fusionan o saber facer acumulado durante anos con ingredientes naturais.

Product added to wishlist
Product added to compare.