- 0 likes
- 1985 views
Volve a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide. Os días 13 e 14 de maio, o noso municipio acollerá a 31ª edición dun dos eventos máis doces de toda Galicia. Nel, xunto aos melindres son protagonistas os “ricos” e os “amendoados”, a tríada por excelencia da nosa tradición pasteleira. E, por suposto, Casa Mejuto non faltará á festa máis importante da nosa zona.
Declarada de Interese Turístico Galego en 2013, este certame ten lugar sempre a segunda fin de semana do mes de maio. Nestas datas, miles de visitantes achéganse ano tras ano ao noso municipio para saborear o noso doces pero tamén outras propostas gastronómicas, culturais ou de lecer.
Neste sentido, esta edición contará de novo cun pregoeiro de excepción. Trátase de Manuel Pampín, xornalista nado en 1958 en Melide e con experiencia en distintos medios de comunicación. Xunto á lectura do pregón, no programa de actividades figuran todo tipo de tentacións como talleres, demostracións, showcooking, coctelería, animación musical ou a tradicional Feira do Melindre. Nesta relación de propostas figura, ademais, o nomeamento de embaixadores da Festa do Melindre, unha nómina da que é unha honra para Casa Mejuto formar parte nesta edición.
Embaixadores da Festa
do Melindre Xunto a nós, son embaixadores este ano destacados profesionais e grandes compañeiros. É o caso da xogadora de fútbol Patricia López, de Anxo Castro -da Asociación Deportiva Cerne-, de Casa Juanito, de Casa Santos, da Adega Ribeirao ou do xefe de cociña Andrés Torreiro.