A moi poucas semanas da chegada do Nadal, estes días sodes moitos os que estades a pensar xa en que regalar nestas datas tan emotivas. Tanto para os teus obsequios persoais como para os detalles de empresa ou amigos que adoitan entregarse nesta época do ano, dispoñemos de múltiples opcións. Resumímoschas!

 

-Configuramos o teu pack: ti decides que sabores dos nosos licores, vermú, viño espumoso ou xenebra London gin che apetece regalar a esa persoa especial e nós personalizámolo.

 

-Viño Espumoso, en estoxo ou caixa regalo: se hai un momento do ano en que o noso Viño Espumoso Brut Nature cobre especial protagonismo na mesa é, sen dúbida, o Nadal. Polas súas características, este caldo marida á perfección con todo tipo de pratos, doces ou salgados. Escolle entre as nosas dúas versións: branca ou rosada.

 

-Os nosos sabores, en formato mini: para os que preferides gozar das distintas variedades a través de mini-botellas. Tamén podes configuralas ao teu gusto e personalizalas.

 

-M54, vermús e xenebras moi da terra: na nosa liña M54 atoparás tanto vermús -branco ou vermello- como nosa nova xenebra London Gin. Todos eles son elaborados e envasados integramente en Melide.

 

-Unha volta ás raíces?: para os que buscades sabores intensos, Da Nosa Casiña é a resposta. Licor de herbas, de bagazo e de café como o facían os nosos avós.

 

En definitiva, achegámosche o agasallo que vos deixará co mellor sabor de boca.

Product added to wishlist
Product added to compare.