¿Precisas axuda?

Foron moitos os meses de probas antes de presentarche a nosa primeira xenebra: M54 London Gin. Buscabamos un produto da máis alta calidade no que se mantivese intacta a esencia dunha xenebra London Gin. E conseguímolo a través dun coidado proceso de maceración, destilado e infusionado.

 

En concreto, para a elaboración da nosa xenebra empregamos un alcohol de cereal con triple destilación, macerado e infusionado. Procedemos a macerar preto dunha vintena de botánicos, de distinta composición e variedade aromática.

 

Así, milenrama, menta, sarxa, romeu e chantaxe dan un sabor que traslada aos aromas frescos da Ulloa onde se cultivan, xunto coas especias exóticas como o cardamomo, o xenxibre e a canela, que aportan sabor lixeiramente picante, amargo e doce. O limón reforza o carácter refrescante e dá unha fragrancia afroitada.

 

M54 é pois unha xenebra con personalidade propia, limpa de aceites esenciais en suspensión, predominante o cimbro en fusión con distintos botánicos que aportan unha complexa fusión de aromas herbáceos, florais, frutais e cítricos.. Moi agradable na coctelería e combinados, no padal destaca o seu arume característico e perfumado cun sabor agradable, sedoso e envolvente.

Product added to wishlist
Product added to compare.