Lembras ese sabor tan característico dos licores que os nosos avós elaboraban nas súas casas? En casa Mejuto non podemos esquecelos. Cun pouco de nostalxia ou “morriña”, como chamamos en Galicia a este sentimento tan noso, durante varios anos asistimos a múltiples momentos nos que estes sabores se botaban en falta.

 

Coñecedores desas receitas tradicionais, pois somos xa a terceira xeración á fronte de Casa Mejuto, hai un tempo decidimos materializar aquel recordo nun proxecto moi real. Nacía así “Dá Nosa Casiña”, unha liña de licores que bebe daquel saber facer e se beneficia dos avances tecnolóxicos con que contamos na actualidade.

 

Nesta gama, atoparás tres sabores diferenciados: bagazo, herbas e licor café. Sen dúbida, a tríada presente na maioría dos fogares galegos de hai uns anos e tamén en moitos dos de hoxe. As tres variedades teñen en común a procura daqueles sabores de sempre, caracterizados pola súa intensidade.

 

Así, para a súa elaboración optamos por unha destilación natural en alambiques de cobre. No caso do licor café, procedemos á maceración lenta dun coupage de cafés de primeira calidade minuciosamente seleccionados. Obtemos un licor de café potente e singular, cun gran equilibrio e fusión aromática entre o café e o augardente, cunha textura sedosa e moi agradable.

 

Nun proceso semellante, o bagazo obtido preséntase como unha augardente moi potente e singular tanto en aromas como en sabor. Pola súa banda, o licor de herbas -tamén destilado naturalmente en alambiques de cobre- nace da maceración lenta de 25 botánicos. O resultado? Unha fusión aromática que tenta os sentidos.

Product added to wishlist
Product added to compare.