O seu aroma e a súa creación transpórtannos a aqueles anos nos que eramos nenos correndo mentres os nosos avós elaboraban os licores que consumían na casa.

Facíano como o aprenderan, naquel saber que se transmitía de xeración en xeración e que tivemos a sorte de recibir en Casa Mejuto. Seguindo un proceso totalmente natural, o destilado dos licores da nosa gama máis tradicional -Da Nosa Casiña- lévase a cabo tamén en alambiques de cobre. 

Con esta proposta, volvemos máis que nunca ás orixes, recuperando os sabores intensos dos licores elaborados polos nosos antecesores. En canto aos sabores, ata o momento podes atopar: 

A forza aromática do café: froito do emprego de augardente de primeira calidade, obtemos un licor de café potente e singular no mercado, cun gran equilibrio e fusión aromática entre o café e a augardente. 

A augardente que lembra á de sempre: conseguimos unha augardente moi intensa tanto en aromas como en sabor. 

Textura sedosa, no licor de herbas: obtemos un licor de herbas distinto a todos, con gran equilibrio entre os botánicos. A súa textura? Sedosa e moi agradable. 

Se es de emocións fortes, esta gama é para ti. Podes atopala tanto nas nosas instalacións como na nosa tenda en liña.

Comments ()

Product added to wishlist
Product added to compare.