Your cart
Non hai máis artigos no teu carro
- 0 likes
- 2430 views
Temos unha gran novidade que contarche! Presentámosche a nosa nova gama de licores, DA NOSA CASIÑA. Unha liña que afonda aínda un pouquiño máis na tradición galega para traer ao presente os sabores intensos que os nosos avós foron pasando de xeración en xeración. Volvemos ás receitas orixinais para satisfacer o gusto polos sabores máis intensos. Remontámonos á orixe seguindo sempre as receitas tradicionais. E facémolo con tres propostas distintas:
- Licor de café 32% vol: froito de augardente de primeira calidade. Destilación natural en alambiques de cobre e bagazo seleccionado, maceración lenta dun coupage de cafés de primeira calidade especialmente escollidos para a nosa receita orixinal.
- Augardente de bagazo 48% vol: elaborada a partir da lenta destilación artesá en alambiques de cobre e bagazos de primeira calidade. Destilación natural en alambiques de cobre, maceración lenta coa nosa receita orixinal. Un produto totalmente artesán, seguindo a nosa liña tradicional.
- Licor de herbas 32% vol: froito de augardente de primeira calidade por destilación natural en alambiques de cobre e bagazo seleccionado, maceración lenta de 25 botánicos, que escollemos especialmente.