- 0 likes
- 1921 views
Na rúa, as luces visten pobos e cidades. No fogar, decoración do Nadal, agasallos a pé de árbore e aromas na cociña dan boa fe de que os días de Nadal son distintos a todos os demais. Sexa uno máis ou menos adepto a estas festividades, o certo é que estamos a piques de entrar nunha das épocas máis entrañables do ano. E, nesta ocasión, dun modo moito máis emotivo se cabe, tendo en cuenta os meses tan duros polos que todos pasamos. Por iso, desde Casa Mejuto convidámoste a brindar, cos teus e coas debidas precaucións, pola vida. Polos soños. Polas ilusións. E por un ano que nos permita manter o máis importante: seguir xuntos. Respecto ao sabor deste brinde, non nos atrevemos a recomendarche un só. Se nolo permites, suxerirémosche que sexas ti quen decida o sabor do seu Nadal. Nós achegámosche ata unha vintena de propostas distintas. Así, por terceiro ano consecutivo estamos a piques de finalizar a elaboración do noso Viño Espumoso de Calidade Brut Nature Casa Mejuto. Tras nove meses de fabricación totalmente artesanal e sen incorporación de elementos industriais, por fin chegará de novo ás vosas mesas. E farao nas súas dúas variedades: branca e rosada. O seu carácter totalmente natural fai deste viño unha proposta perfecta para calquera celebración, pois marida con entrantes, mariscos, peixes, carnes ou sobremesas. Pero se o prefires, podes escoller tamén calquera dos nosos dous vermuts -tinto ou branco- ou dos nosos variados licores -café, crema, limón, mandarina, froitos do bosque, mel ou herbas, entre outros-. E se es de sabores intensos, é a gama “Da Nosa Casiña” quen cumprirá as túas expectativas. En resumo, se o desexas este Nadal facémonos un oco na túa mesa para festexar aquilo que che diciamos fai só un momento: que seguimos xuntos. Grazas!