- 0 likes
- 2489 views
Para a elaboración do noso vermú empregamos un coupage de diferentes viños de diferentes zonas e sabores para obter un sabor final complexo.
Esta fusión realízase nas nosas instalacións, descansando en barricas de carballo durante tres meses. Poñemos en alcohol neutro de triple destilación e Pedro Jiménez os 25 botánicos durante tres meses. Despois fusionamos os viños e botánicos, filtramos e envasamos deixando dous meses na botella para descansar antes de saír á venda.
Obtemos un vermú cun aroma suave e complexo, froito da fusión de aromas naturais, macerados e viños de calidade.
Nota de cata
En boca agradable e lixeiro, con un retrogusto final de sabor a vermú artesan, cun equilibrio entre o doce e o amargo, e a acidez aportada pola fusión de macerados e viños en barrica de carballo.