Your cart
Non hai máis artigos no teu carro
Fai xa máis dun ano, fixemos as primeiras probas do que hoxe é o noso licor de chocolate. Foi entón cando puidemos iniciar a importación do considerado un dos mellores cacaos do mundo, o de República Dominicana. É esta materia prima, unida aos ingredientes de proximidade, a que concede ao noso novo licor os tres parámetros que buscamos alcanzar desde o inicio deste proxecto: cor, cheiro e sabor. Tres calidades que o diferencian e que son froito dun minucioso proceso de elaboración no que non ten cabida ningún tipo de aroma artificial.
saber máis
Desde 1954, en casa Mejuto elaboramos licores que nacen de receitas moi tradicionais, desas que se levaron a cabo sempre nas casas galegas. E desde esa data, o verán é o momento do ano no que máis adoitan gozarse as nosas elaboracións. Nesta ocasión, despois das circunstancias extraordinarias que motivou a pandemia do COVID-19, podería dicirse que mesmo temos máis ganas dun estío moi refrescante que nos achegue o descanso e tranquilidade que durante semanas faltaron.
saber máis
Trátase dunha elaboración que segue as técnicas tradicionais da familia Mejuto
saber máis
Estes días, o necesario é quedarse na casa. E isto fai que moitos e moitas teñamos máis tempo para dedicarnos a esa gran paixón que é a cociña. Tanto é así que, como dato, a fariña e o fermento son dous dos ingredientes que empezan a escasear nos supermercados. Por esta razón e para facer máis amable este confinamento, propoñémosche que xogues connosco a converterte en reposteiro ou cociñeiro. Atréveste a cociñar con Casa Mejuto?
saber máis
La casa de licores ha experimentado a lo largo de dos años hasta dar con la receta de su nueva línea de vermú blanco y oscuro.
saber máis
¡Chegou o día! Despois de meses de intenso traballo, moitos mimos e toda a ilusión... hoxe por fin presentamos o noso Viño Espumoso. Esperámosvos a todos, esta tarde, na Casa dá Cultura de Melide a partir das 19.00 horas :-) Brindaremos!
saber máis