Your cart
Non hai máis artigos no teu carro
A moi poucas semanas da chegada do Nadal, estes días sodes moitos os que estades a pensar xa en que regalar nestas datas tan emotivas. Tanto para os teus obsequios persoais como para os detalles de empresa ou amigos que adoitan entregarse nesta época do ano, dispoñemos de múltiples opcións. Resumímoschas!
saber máis
Foron moitos os meses de probas antes de presentarche a nosa primeira xenebra: M54 London Gin. Buscabamos un produto da máis alta calidade no que se mantivese intacta a esencia dunha xenebra London Gin. E conseguímolo a través dun coidado proceso de maceración, destilado e infusionado.
saber máis
Máis dunha vintena de produtos compoñen a nosa produción. E todos eles, a pesar de sabores e ingredientes diferenciados, presentan unha característica común. Todos os nosos licores son elaborados de forma artesanal. Empregando a fusión entre tradición, artesanía, ingredientes seleccionados de primeira calidade, de produtores da zona e tempos de maceración afinados.
saber máis
Para a elaboración do noso vermú utilizamos un coupage de distintos viños de distintas zonas, para obter un sabor final complexo
saber máis
Máis de 20. Son os botánicos que precisamos para elaborar a nosa xenebra London Gin M54. Nestes días, estamos precisamente cos traballos de maceración, destilado e infusionado da que será a segunda quenda remesa deste produto, o último en incorporarse ao noso catálogo de bebidas artesanais elaboradas e envasadas integramente en Melide.
saber máis
No verán, as opcións de celebración multiplícanse. Festas, eventos familiares e reunións permiten gozar de días máis longos e das agradables temperaturas que normalmente, en Galicia, acompañan a esta época do ano. Neste contexto, os sabores estivais tamén toman o seu lugar, pois apetecen propostas máis frescas ou froiteiras. No noso caso, esta estación é unha das mellores do ano para licores de tres sabores especiais: limón, mandarina e froitas silvestres.
saber máis
Esta fin de semana, Melide acolle a que será a 31ª edición da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional. Co gallo desta celebración, organizouse un amplo programa de actividades pensadas para toda a familia. E a elas está convidado o noso produto máis recente, a nosa Xenebra M54 London Gin.
saber máis
Volve a Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide. Os días 13 e 14 de maio, o noso municipio acollerá a 31ª edición dun dos eventos máis doces de toda Galicia. Nel, xunto aos melindres son protagonistas os ricos e os amendoados, a tríada por excelencia da nosa tradición pasteleira. E, por suposto, Casa Mejuto non faltará á festa máis importante da nosa zona.
saber máis
República Dominicana. É o lugar desde o que traemos ata Melide o ron anello que nos permite crear o noso novo licor: crema de licor de ron anello dominicano. Coñecedores do agradable sabor desta bebida e das boa amizade que fai coas bases lácteas, decidímonos a probar e tras uns cuantos meses de experimentación o noso novo sabor é xa unha realidade.
saber máis
A chegada do inverno trae consigo pratos especialmente tentadores en Galicia. Cunha gastronomía tan rica e variada que deu a volta ao mundo e coroado receitas como o “polbo á feira” ou a empanada, o certo é que en época de frío parece que a riqueza culinaria galega é aínda maior.
saber máis