- 0 likes
- 1887 views
Vermú vermello Para a elaboración do noso vermú utilizamos un coupage de distintos viños de distintas zonas, para obter un sabor final complexo Esta fusión realízase nas nosas instalacións, repousando en barricas de carballo durante tres meses. Poñemos en alcol neutro de tripla destilación e Pedro Jiménez os 25 botánicos durante tres meses. Despois fusionamos os viños e os botánicos, filtramos e envasamos deixando repousar dous meses en botella antes de saír á venda. Obtemos un vermú de aroma suave e complexo, froito da fusión de aromas naturais, dos macerados e viños de calidade. Nota de cata En boca agradable e lixeiro con retrogusto final de sabor a vermú artesán con equilibrio entre doce e amargo, e á acidez achegada pola fusión de macerados e viños en barrica de carballo. Vermú branco Elaborado por maceración dun coupage de viños brancos. Destaca deste vermú a selección do coupage de viños brancos ata obter un vermú de personalidade propia, achegando os destilados de 25 botánicos, todo iso macerando durante un mes. Vermú distinto e moi agradable. Nota de cata Vermú fresco e afrutado con retrogusto longo e floral.