- 0 likes
- 1965 views
Máis de 20. Son os botánicos que precisamos para elaborar a nosa xenebra London Gin M54. Nestes días, estamos precisamente cos traballos de maceración, destilado e infusionado da que será a segunda quenda remesa deste produto, o último en incorporarse ao noso catálogo de bebidas artesanais elaboradas e envasadas integramente en Melide.
Cen por cen artesanal, para elaboración da nosa xenebra empregamos un alcohol de cereal con triple destilación, macerado e infusionado. Procedemos a macerar os botánicos antes sinalados, de distinta composición e variedade aromática.
Entre eles, están: milenrama, menta, sarxa, romeu e chantaxe dan un sabor que traslada aos aromas frescos da Ulloa onde se cultivan, xunto coas especias exóticas como o cardamomo, o xenxibre e a canela, que aportan sabor lixeiramente picante, amargo e doce. O limón reforza o carácter refrescante e dá unha fragrancia afroitada.
Nota de cata:
M54 é unha xenebra con personalidade propia, limpa de aceites esenciais en suspensión, predominante o cimbro en fusión con distintos botánicos que aportan unha complexa mestura de aromas herbáceos, florais, frutais e cítricos.
En boca é moi agradable, o que fai desta unha xenebra perfecta para a coctelería e os combinados. No padal destaca o seu arume característico e perfumado cun sabor sedoso e envolvente.