- 0 likes
- 1257 views
No verán, as opcións de celebración multiplícanse. Festas, eventos familiares e reunións permiten gozar de días máis longos e das agradables temperaturas que normalmente, en Galicia, acompañan a esta época do ano. Neste contexto, os sabores estivais tamén toman o seu lugar, pois apetecen propostas máis frescas ou froiteiras. No noso caso, esta estación é unha das mellores do ano para licores de tres sabores especiais: limón, mandarina e froitas silvestres.
O primeiro deles, o de limón, é un licor elaborado a base de maceración de limón e lima en vodka dobre destilado con augardente selecta. Cando extrae toda a intensidade do aroma, cor e sabor, consideramos que é idóneo para engadir a proporción necesaria de azucre e filtramos. Déixase repousar en botella un tempo para que ensamble ben.
Pola súa banda, o licor de mandarina é froito de dous meses de maceración sobre alcol de cereal. De sabor fresco e afroitado, de novo o seu aroma natural é unha das súas principais características.
Finalmente, o licor de froitas silvestres elabórase con materias primas da comarca de Melide: arandos, amorodos, amoras e framboesas. Sen engadidos de aromas, totalmente artesán e sabor natural. Macerado durante meses en augardente de primeira calidade e especialmente seleccionada, destaca a froita en harmónica fusión de cheiro, sabor e retrogusto a s froitos do bosque empregados.
En resumo, tres propostas que se suman a outras moitas entre as que figuran tamén os licores de augardente tostada, bagazo, herbas, café ou as cremas de ron, licor, café ou chocolate. Descubre o teu sabor preferido!