- 0 likes
- 1014 views
Máis dunha vintena de produtos compoñen a nosa produción. E todos eles, a pesar de sabores e ingredientes diferenciados, presentan unha característica común. Todos os nosos licores son elaborados de forma artesanal. Empregando a fusión entre tradición, artesanía, ingredientes seleccionados de primeira calidade, de produtores da zona e tempos de maceración afinados.
Seguindo este proceso totalmente natural, o destilado dos licores da nosa gama máis tradicional -Da Nosa Casiña- lévase a cabo tamén en alambiques de cobre. Con esta proposta, volvemos máis que nunca ás orixes, recuperando os sabores intensos dos licores elaborados polos nosos antecesores.
Pola súa banda, para a elaboración do noso vermú utilizamos un coupage de distintos viños de distintas zonas e 25 botánicos. Obtemos así un sabor final complexo e refinado. Esta fusión realízase nas nosas instalacións, onde poñemos o alcol neutro de tripla destilación e os 25 botánicos durante tres meses en barricas de carballo.
No caso da nosa xenebra M54 London Gin, empregamos un alcol de cereal con tripla destilación, macerado e infusionado. Procedemos a macerar preto dunha vintena de botánicos, de distinta composición e variedade aromática.
As nosas orixes
Fundada en 1954 por Francisco e María en Melide e rexentada na actualidade pola terceira xeración, en casa Mejuto combinamos as receitas tradicionais da familia con procesos de maceración artesanais e o emprego das novas tecnoloxías. O noso obxectivo? Respectar a memoria da nosa tradición e mellorar a calidade do produto.