- 1 likes
- 2375 views
Confirmado. Estes primeiros anos de fabricación do noso Brut Nature en Melide permitíronnos certificar a hipótese da que partiamos ao comezo deste proceso hai agora uns anos: este viño espumoso tamén mellora co tempo. Así, puidemos comprobar como o produto se matiza co paso dos meses, gañando en sabor. En concreto, se tivésemos que destacar o cambio principal que manifesta o noso viño espumoso segundo aumenta o seu tempo en botella é a adopción dun toque amoscatelado, con matices máis doces. Como sabes, o carbónico do noso Brut Nature prodúcese de forma artesanal durante a fermentación en botella e sen ningunha adición industrial. Por iso, o noso espumoso -creado a partir do método champanoisse- preséntase cunha burbulla fina que denota a boa integración e fusión do carbónico cos viños base. Intenso e floral en olfacto, en boca destaca por un retrogusto froiteiro a mazá. Dispoñible para brindar en Nadal Un ano máis, estamos xa na recta final do noso proceso de elaboración artesanal que che permitirá gozar deste Brut Nature en Nadal. Perfecto para calquera momento, debes saber que as súas características fano o compañeiro ideal de entrantes, pratos principais e sobremesas. E todo iso, en dúas variedades dispoñibles na nosa tenda en liña: branca e rosada E perfecto tamén para regalar Por outra banda, se estás a buscar unha proposta distinta para regalar nestas próximas festas propoñémosche descubrir os nosos packs de viño espumoso. Sorprenderás ao teu destinatario!