¿Precisas axuda?

A historia que che imos contar comezou no 1954. Francisco e María decidían entón asentarse en Melide para dar forma a un soño. Iso que hoxe denominamos emprendemento foi naquel momento un desexo de prosperar que levou a este matrimonio a fundar Casa Mejuto.

 

Comezaba a andar un ultramarinos da época, que achegaba todo o necesario para o día a día dos seus clientes. Clientes cos que, por certo, co tempo se irían creando lazos tan estreitos que semellaban e semellan familia. E é que a boa atención é un reto aprendido dos avós e que seguimos perseguindo a diario.

 

Máis tarde, iríanse sumando novos servizos como foron unha casa de comidas, unha pensión ou un almacén de viños que completaban así a actividade da empresa familiar.

Xa coa segunda xeración, sen descoidar o aprendido e mantendo a esencia de Casa Mejuto, deuse un paso adiante e a distribución foi gañando terreo.

 

Así ata fai aproximadamente 30 anos, cando a terceira xeración se iniciou na elaboración dos produtos que hoxe dan nome a Casa Mejuto: licores, vermús, viño espumoso e, máis recentemente, a nosa xenebra London Gin. Formación, adaptación aos tempos e a maridaxe constante entre innovación e tradición marcan a nosa historia actual. Porque nestes 70 anos mudaron moitas cousas pero hai algo que se mantén: a ilusión do 1954.

Comments ()

Product added to wishlist
Product added to compare.