Your cart
Non hai máis artigos no teu carro
Propósitos, metas e obxectivos son das palabras máis escoitadas cada principio do ano. Nestas semanas iniciais, é común fixarse retos que un aspira a cumprir nos meses que veñen. No noso caso, estes chegan con novos sabores.
saber máis
A elaboración totalmente natural e sen aditivos industriais permite que o noso Brut Nature Casa Mejuto maride á perfección con calquera tipo de prato, desde os aperitivos á sobremesa.
saber máis
Confirmado. Estes primeiros anos de fabricación do noso Brut Nature en Melide permitíronnos certificar a hipótese da que partiamos ao comezo deste proceso hai agora uns anos: este viño espumoso tamén mellora co tempo. Así, puidemos comprobar como o produto se matiza co paso dos meses, gañando en sabor.
saber máis
O champanoisse é o método tradicional francés co que elaboramos os nosos viños espumosos.
Mediante esta técnica, o carbónico prodúcese de modo artesanal durante a fermentación en botella e, deste xeito, non se necesita ningunha adición industrial.
saber máis
Todos os nosos licores son elaborados de forma artesanal. Empregando a fusión entre tradición, artesanía, ingredientes seleccionados de primeira calidade, de produtores da zona e tempos de maceración afinados.
saber máis
Que desde o primeiro sorbo da nosa crema de chocolate os teus sentidos se deixen envolver polo inconfundible cacao de República Dominicana. Esa era a nosa intención desde que empezamos a pensar nesta crema no laboratorio de Casa Mejuto.
saber máis
Para padais que adoran os sabores intensos. Para eles especialmente están pensados os nosos licores Da Nosa Casiña, unha liña que volve ás orixes para recuperar eses sabores máis fortes que elaboraban os nosos avós.
saber máis
Días máis longos, horas de sol e momentos de lecer fan da primavera e o verán a época perfecta para descubrir novos sabores. Son eses aromas distintos que converten calquera reunión nun instante memorable. Se te atreves, esta proposta de Casa Mejuto é para ti.
saber máis
Melide está de celebración. A nosa festa máis senlleira, a que adicamos ao melindre e á repostaría tradicional, chega este ano ao seu 30 aniversario. Así, nesta primeira fin de semana completa de maio, a vila arrecenderá a melindres, ricos ou amendoados, entre outras delicias.
saber máis
Como cada ano, o primeiro domingo de maio celébrase o Día da Nai. Unha data na que se marca no calendario a conmemoración dun dos agarimos máis puros que existen. Desde Casa Mejuto queremos aproveitar esta ocasión para dicir alto e claro: grazas, mamás. Sen vós a roda nunca viraría.
saber máis