¿Precisas axuda?

Apoiar a aqueles que comezan a súa andadura no sector do barman e a coctelería é o obxectivo do trofeo Novos Talentos, que acada a súa terceira edición e que se celebrará en Santiago de Compostela o xoves 21 de novembro. Organizado pola Asociación Galega de Barmen (Agaba) -pertencente á Federación de Asociaciones de Bartenders de España- este evento conta un ano máis co patrocinio da nosa casa.

 

Neste senso, para Casa Mejuto é unha honra aportar un pequeno gran de area no impulso do talento dos máis mozos que, ano tras ano, mostran o seu bo facer nesta cerimonia. Nesta ocasión, o III Trofeo Novos Talentos terá lugar no CIFP Compostela, en Lamas de Abade. Este certame será escenario tamén do II Trofeo de Combinados Interescolas Galicia, coa participación de diversas escolas galegas.

Comments ()

Product added to wishlist
Product added to compare.