- 0 likes
- 164 views
A pasada semana tivemos a sorte de participar nun deses eventos que deixan pegada!
Acudimos ao CIFP Compostela, en Santiago, onde se celebrou o III Concurso de Novos Talentos Casa Mejuto e o II Trofeo de Combinados de Galicia Ron Havana Club.
Organizado pola Asociación Galega de Barmen (Agaba) - pertencente á Federación de Asociacións de Bartenders de España - o certame foi unha mostra da ilusión e do bo facer das xeracións máis novas.
A escolla dos ingredientes, o bo trato aos produtos e a excelente presentación dos distintos combinados e cócteis deron como resultado unha mañá chea de logros, tanto no académico como no humano.
Para nós, foi unha honra achegar os nosos produtos nunha #masterclass, formar parte do xurado e proceder á entrega de premios desta xornada, na que compartimos espazo con Ron Havana Club e Schweppes.
Por moitos máis momentos así!