Con trece variedades de licor entre as que escoller, todas as nostras bebidas están elaboradas de maneira artesanal e sempre empregando a fusión entre a tradición, ingredientes seleccionados de alta calidade e o tempo de maceración axeitado. Na nosa tenda online poderás encontralos en individual, en packs de tres botelliñas apilables ou nunha selección de tres ou catro individuais, de 25 e 10 centilitros, respectivamente.

 

tradición áchase nos licores máis populares. O licor de herbas está feito con vinte e cinco clases de botánicos naturais seleccionados por nós mesmos, xunto con augardente e azucre. Cun sabor máis itnenso, o licor de augardente tostado, elaborado por maceración dunha augardente única e integrada con caramelo e outros compoñentes secretos. O licor de oruxo, pola súa parte, provén de bagazos destilados a lume lento en alambriques de cobre, cun potente sabor. Unha versión máis suave e de idéntica calidade, sería a crema de licor, elaborada por maceración da parte alcohólica en vainilla e outros ingredientes e o posterior engadido da base láctea.

 

Para os amantes do café, contamos cun licor, elaborado con augardentes de selección propia, cafés de primeira calidade, azucre e caramelo natural. Resulta untuoso, con cuerpo e textura suave, cun amplo gusto retronasal e no que se atopa un perfecto equilibrio entre o café e o caramelo natural. Pola contra, se che gusta desfrutar do sabor máis lixeiro desta bebida e con menor graduación alcohólica, a nosa receita exclusiva de crema de café, macerado en vainilla e outros compostos que lle dan un sabor máis doce e agradable, pode ser a mellor opción. 

 

doce tamén ten cabida nas nosas creacións co licor de piruleta, con olor e sabor a este caramelo; o licor de mel, feito por maceración de Mel IXP (Indicación Xeográfica Protexida) de Galicia con augardente selecta; ou a crema de chocolate, con base alcohólica de cereal sobre cacao importado de República Dominicana. 

 

A naturaleza cátase a través dos nosos licores de noz, ideal para acompañar en calquera sobremesa; de froitos do bosque, preparado con arandeira, moras e framboesas da Comarca de Melide, sen aromas engadidos; de limón, preparado a base de maceración de limón e lima en vodka dobre destinado con augardente; e de mandarina, elabora en maceración desta froita sobre alcohol de cereal.

 

Outra liña dos nosos produtos artesanais, son os escumosos, Brut Nature e o rosado Brut Nature, ambos elaborados e envasados integramente en Melide. O primeiro é intenso, amplo e cun gusto froital a mazá con delicados toques de moscatel. O segundo, cun sabor potente e persistente, cun retrogusto sedoso e bo equilibrio entre matices e acidez final. Na nosa tenda online están dispoñibles en individual, en pack de dous ou tres, en estoxos de madeira e cartón.

 

Por último, na Casa Mejuto elaboramos dous tipos de vermú para acompañar as vosas tapas favoritas. Un vermú vermello, no que empregamos un coupage de diferentes viños de distintas zonas e sabores, para obter un sabor final complexo, con equilibrio entre doce e amargo, entre macerado e viño en barrica de carballo. E, finalmente, un vermú branco, producido cunha selección de viños brancos e destilados de vinte e cinco botánicos.

 

Cunha boa diversidade de produtos, todos eles se reúnen arredor das mesmas palabras e valores: artesanía e moito mimo na súa produción.

 

Comments ()

Product added to wishlist
Product added to compare.