Your cart
Non hai máis artigos no teu carro
Que desde o primeiro sorbo da nosa crema de chocolate os teus sentidos se deixen envolver polo inconfundible cacao de República Dominicana. Esa era a nosa intención desde que empezamos a pensar nesta crema no laboratorio de Casa Mejuto.
saber máis
Para padais que adoran os sabores intensos. Para eles especialmente están pensados os nosos licores Da Nosa Casiña, unha liña que volve ás orixes para recuperar eses sabores máis fortes que elaboraban os nosos avós.
saber máis
Días máis longos, horas de sol e momentos de lecer fan da primavera e o verán a época perfecta para descubrir novos sabores. Son eses aromas distintos que converten calquera reunión nun instante memorable. Se te atreves, esta proposta de Casa Mejuto é para ti.
saber máis
Melide está de celebración. A nosa festa máis senlleira, a que adicamos ao melindre e á repostaría tradicional, chega este ano ao seu 30 aniversario. Así, nesta primeira fin de semana completa de maio, a vila arrecenderá a melindres, ricos ou amendoados, entre outras delicias.
saber máis
Como cada ano, o primeiro domingo de maio celébrase o Día da Nai. Unha data na que se marca no calendario a conmemoración dun dos agarimos máis puros que existen. Desde Casa Mejuto queremos aproveitar esta ocasión para dicir alto e claro: grazas, mamás. Sen vós a roda nunca viraría.
saber máis
Achégase o Día do Pai, pensaches xa no seu agasallo? Se hai algo que sempre gusta é que compartamos tempo cunha das persoas que máis nos quere no mundo. Paréceche se a este tempo lle poñemos auténtico sabor galego?
saber máis
Que a proximidade é un dos valores de referencia de Casa Mejuto non é ningunha novidade. Desde os nosos inicios, levamos a Melide e a súa contorna por bandeira, presumindo alá onde imos de que os nosos produtos son elaborados e envasados integramente no noso municipio.
saber máis
Elaboramos os nosos vermús de xeito artesán a base de viños seleccionados. Para conseguilo, procedemos a unha maceración de ata 25 botánicos e, tras meses en barrica, chegan á túa mesa.
saber máis
Desde Casa Mejuto convidámoste a brindar, cos teus e coas debidas precaucións, pola vida. Polos soños. Polas ilusións. E por un ano que nos permita manter o máis importante: seguir xuntos.
saber máis
O seu aroma e a súa creación transpórtannos a aqueles anos nos que eramos nenos correndo mentres os nosos avós elaboraban os licores que consumían na casa.
saber máis