¿Precisas axuda?

Fai xa máis dun ano, fixemos as primeiras probas do que hoxe é o noso licor de chocolate. Foi entón cando puidemos iniciar a importación do considerado un dos mellores cacaos do mundo, o de República Dominicana. É esta materia prima, unida aos ingredientes de proximidade, a que concede ao noso novo licor os tres parámetros que buscamos alcanzar desde o inicio deste proxecto: cor, cheiro e sabor. Tres calidades que o diferencian e que son froito dun minucioso proceso de elaboración no que non ten cabida ningún tipo de aroma artificial.

 

Desta maneira, este licor de chocolate procede dunha maceración lenta e tranquila con moito traballo de cata para conseguir que a tonalidade, o cheiro e o gusto desta nova incorporación a Casa Mejuto sexan os desexados. Diso ocúpase, en gran medida, o gran de cacao, xunto á base láctea e a parte alcohólica. Por tanto, o tempo de  maceración é longo e laborioso, ata que obtemos o sabor natural do cacao de gran calidade. O resultado é unha crema con potente cheiro e sabor a chocolate, un produto diferente e singular posto que o sabor é proporcionado polo cacao natural e non por aromas artificiais.

 

Todos os nosos produtos son elaborados de forma artesanal. Empregando a fusión entre tradición, artesanía, ingredientes seleccionados de primeira calidade e tempos de  maceración. Nestes momentos, na nosa tenda online podes atopar os seguintes sabores: mandarina, noz, limón, froitos do bosque, mel, bagazo,  piruleta, café, augardente tostada, herbas e crema de café.

 

Descobre os nosos licores tamén en formato mini

Ademais das nosas botellas tradicionais, agora podes comprar na nosa tenda online de licores, vermú e viño espumoso elaborado en Galicia novos formatos de presentación. Trátase dun pack apilable que contén tres botelliñas de licor de café, licor de herbas e crema de licor e de dous packs de tres ou catro botelliñas, ideais para regalar.

Product added to wishlist
Product added to compare.