- 0 likes
- 3439 views
Desde 1954, en casa Mejuto elaboramos licores que nacen de receitas moi tradicionais, desas que se levaron a cabo sempre nas casas galegas. E desde esa data, o verán é o momento do ano no que máis adoitan gozarse as nosas elaboracións. Nesta ocasión, despois das circunstancias extraordinarias que motivou a pandemia do COVID-19, podería dicirse que mesmo temos máis ganas dun estío moi refrescante que nos achegue o descanso e tranquilidade que durante semanas faltaron.
Así, para esta tempada propoñémosche algunhas das nosas variedades máis refrescantes. É o caso do licor de mandarina, un sabor que incorporamos hai só uns días e que se deriva da aposta de Casa Mejuto polos ingredientes de proximidade e de alta calidade. Froito de dous meses de maceración sobre alcol de cereal nace esta nova proposta, de sabor fresco e afrutado. O seu aroma natural é unha dos seus principais características. Pola súa banda, o licor de froitas do bosque elabórase con materias primas da comarca de Melide: arandos, amorodos, mouras e frambuesas, sen engadidos de aromas, totalmente artesán e sabor natural. Unha tentación para os amantes deste sabor. E se o que buscas é unha elaboración con froitos secos, o de noz é un licor cunha textura moi agradable que marida perfectamente con calquera tipo de sobremesas. Limón, piruleta, herbas, bagazo ou café son outras especialidades da nosa casa. Elixas o que elixas, debes saber que todos os nosos produtos son elaborados de forma artesanal, empregando a fusión entre tradición, artesanía, ingredientes seleccionados de primeira calidade e tempos de maceración.
Vermús vermello e branco Artesanal é tamén a elaboración dos nosos vermuts, a base de viños seleccionados, con maceración de 25 botánicos durante tres meses e pasando por barricas de carballo. Gózaos vermello ou branco.