¿Precisas axuda?

Cada segundo sábado de xuño, amantes da xenebra de todo o mundo levantan as súas copas para brindar por un dos destilados máis versátiles e sofisticados: a xenebra. E en Casa Mejuto, non podiamos deixar pasar esta data sen renderlle homenaxe á nosa creación máis emblemática: a M54 London Gin.

A nosa M54 é moito máis ca unha London Gin. É o resultado dunha elaboración 100% artesanal, que respecta o tempo, os ingredientes e a tradición. Desde Galicia, elaboramos esta xenebra utilizando un alcol de cereal con tripla destilación, ao que lle engadimos alma a través dun coidadoso proceso de maceración e infusionado con case unha vintena de botánicos seleccionados con esmero.

Parte do carácter único da M54 vén da súa raíz galega. Nos campos da comarca da Ulloa, colléitanse botánicos como a milenrama, menta, salvia, romeu e llantén, que lle aportan un frescor inconfundible. Esta base herbácea equilíbrase con especias exóticas como o cardamomo, xenxibre e canela, que lle dan un toque lixeiramente picante e cálido, mentres que a pel de limón engade un punto afroitado e vibrante.

Perfil sensorial: unha xenebra con personalidade

A M54 é unha xenebra limpa e elegante, onde predomina o xenebro, sen eclipsar a complexa mestura de aromas herbáceos, florais e cítricos que a acompañan.
En boca, o seu carácter sedoso, perfumado e envolvente convértea nunha opción exquisita tanto para coctelaría como para combinados máis clásicos. A M54 non é unha xenebra que pase desapercibida: é unha xinebra que deixa pegada.


Brinda con nós este 14 de xuño

Este Día Internacional da Xenebra, convidámoste a descubrir ou redescubrir a M54. Xa sexa nun gin-tonic clásico, nun cóctel creativo ou simplemente servida con xeo e un toque de limón, a xenebra galega ten nome e chámase M54.

? Visítanos en casamejuto.com e faite coa túa.

Product added to wishlist
Product added to compare.