¿Precisas axuda?
2.500 botellas de Viño Espumoso Brut Nature (agora tamén rosado) encaran a recta final da súa elaboración

Trala experiencia de 2019, a este 2020 puxémoslle aínda máis ilusión e coraxe en Casa Mejuto. Así, un total de 2.500 botellas de Viño Espumoso Brut Nature estarán listas antes de Nadal.

Como novidade, nesta ocasión poderás escoller a variedade branca ou a rosada, sumándose a primeira das calidades á nosa lista de sabores. Trátase, nambos casos, de produtos de alta calidade, pois o seu carbónico prodúcese de forma artesanal durante a fermentación en botella, sen ningún aditivo e en cinco fases:

Comezamos cun coupage de viños brancos selectos e fusión de fermentos especiais para iniciar un proceso de fermentación natural e crianza en botella durante 9 meses. Finalizada a fermentación e crianza. iniciamos un proceso de decantación natural dos restos de fermentos, que se realiza en posición case vertical en pupitres especiais para tal fin. A continuación, viramos 1/8 de volta todos os días durante 3 semanas, botella a botella ata que o espumoso quede cristalino e os depósitos restantes no colo da botella. Na cuarta fase, conxelamos o colo da botella para solidificar os restos indesexados, destapamos as botellas cun movemento rápido coñecido como degole. Finalmente, de forma artesanal damos a forma característica do tapón, poñemos a boceira, a cápsula e a etiqueta. Deixamos repousar un mes e listo para gozar!

En definitiva, moi pronto poderás saborear este Viño Espumoso Brut Nature rosado, realmente versátil e perfecto para maridar con calquera tipo de prato.

Comments ()

Product added to wishlist
Product added to compare.