- 0 likes
- 1242 views
Propósitos, metas e obxectivos son das palabras máis escoitadas cada principio do ano. Nestas semanas iniciais, é común fixarse retos que un aspira a cumprir nos meses que veñen. No noso caso, estes chegan con novos sabores. Así, neste 2023 esperamos facer realidade un soño no que vimos traballando hai xa un tempo. Como te imaxinarás, lanzar ao mercado un novo produto non é unha decisión que se tome sen antes analizar moitas cuestións. E máis se, como no noso caso, a aposta leva aparellada o emprego de ingredientes de orixe natural e o mimo dos procesos. En concreto, e como avanzaramos hai unhas semanas, dedicaremos todos os nosos esforzos en presentarche unha novidade que se une á familia de licores e viño espumoso de Casa Mejuto: unha xenebra da máis alta calidade elaborada integramente en Melide. Seguirémosche contando!