¿Precisas axuda?

Que a proximidade é un dos valores de referencia de Casa Mejuto non é ningunha novidade. Desde os nosos inicios, levamos a Melide e a súa contorna por bandeira, presumindo alá onde imos de que os nosos produtos son elaborados e envasados integramente no noso municipio. 

 

Pero ademais de presumir da nosa terra, gústanos poñela en valor. E iso fai que, sempre que é posible, optemos por ingredientes de procedencia local para a consecución dos nosos aromas e sabores. 

 

Así, froitos secos, froitos do bosque ou mel -por poñer algúns exemplos- chegan a Casa Mejuto desde pequenas instalacións produtoras situadas moi preto. Isto, ademais de asegurar a calidade dos compoñentes, permítenos tamén poñer en valor o traballo e esforzo de decenas de pequenas empresas da nosa zona. 

 

En definitiva, a nosa é unha forma de entender a elaboración de licores como unha actividade familiar. E nesta familia somos moitos. Grazas a todos e todas!

Comments ()

Product added to wishlist
Product added to compare.