- 0 likes
- 368 views
Santiago de Compostela acollerá o 28 de abril o XXII Campionato Galego de Coctelería. As probas darán comezo ás 12:30 horas no Parador Nacional Hostal dos Reis Católicos.
A modalidade deste ano para o concurso é a de “Sparkling”. Isto quere dicir que, na ficha da fórmula, cada barman deberá presentar unha receita de creación propia. Así mesmo, terá lugar unha fase especial só para os tres primeiros clasificados nas dúas categorías celebradas (Barmans e Xoves Barmans), na que se premiará o "Mellor Cocktail con Orujo de Galicia 2025".
Como novidade, este ano introdúcese unha proba teórica de coctelería clásica e modifícase a proba de cata identificativa de destilados. Ambas probas serán obrigatorias para todos os concursantes e sumarán na clasificación final.
O cocktail de creación propia poderá ser axitado en cocteleira, batido en vaso mesturador, mesturado en aparato eléctrico ou poderá ter unha base para rematar enchendo con outro produto na copa. O concursante deberá realizar o seu cocktail para cinco copas. Para o Premio especial ao "Mellor Cocktail con Augardente de Galicia", no que participarán os seis primeiros clasificados, cada participante realizará a súa fórmula para dúas copas.
Unha vez máis, para Casa Mejuto é todo un honor participar neste evento. Nel, ano tras ano, demóstrase o bo facer dos máis novos.