- 0 likes
- 1637 views
A elaboración totalmente natural e sen aditivos industriais permite que o noso Brut Nature Casa Mejuto maride á perfección con calquera tipo de prato, desde os aperitivos á sobremesa.
O noso Espumoso Brut Nature Casa Mejuto procede dun coupage de viños brancos selectos e fusión de fermentos especiais para iniciar un proceso de fermentación natural e crianza en botella durante 9 meses. Finalizada a fermentación e crianza, iniciamos un proceso de decantación natural dos restos de fermentos, que se realiza en posición case vertical en pupitres especiais para tal fin. Viramos 1/8 de volta todos os días durante 3 semanas, botella a botella ata que o espumoso quede cristalino e os depósitos restantes no colo da botella.
Conxelamos o colo da botella para solidificar os restos indeseados, destapamos as botellas cun movemento rápido coñecido como degole. De forma artesanal damos a forma característica do tapón, poñemos a boceira, a cápsula e a etiqueta.
Deste xeito, o seu carbónico prodúcese de forma artesanal durante a fermentación en botella, sen ningunha adición industrial. Por iso, tras análises contrastadas, os restos de azucres residuais son inferiores a 3 g/ l. e a espumoso Casa Mejuto ten só 1.8 g/ l.
Se en olfato é intenso, floral e complexo polo efecto redutor dos viños tras a segunda fermentación, en boca ademais de intenso é amplo e longo á vez que persiste un retrogusto froiteiro a mazá con delicados toques de moscatel. Isto faino unha proposta perfecta para maridar con calquera prato, desde un aperitivo a un prato principal ou unha sobremesa. En definitiva, unha proposta que na mesa vai ben con todo tipo de receitas. Tes que probalo!